mércores, 20 de maio de 2020

CIRCUITO SUB12

O Circuito Sub 12 de Xadrez Atlántico estará configurado por 7 torneos, dende Maio a Novembro.
De non haber novo confinamento o torneo pecharíase cunha actividade presencial.

TORNEOS: 
Cada mes haberá un torneo nos dous últimos sábados do mes.
Alternarán os organizados por AGAX e por FUTURIX.

HORARIO DOS TORNEOS:
De 12,00 a 13,30 (11,00 a 12,30 horario Portugal).

CATEGORÍAS: 
Única. Nados en 2008 ou seguintes.
Os organizadores de cada torneo poden determinar a existencia doutros premios, como o mellor xogador local.

DESENVOLVEMENTO: 
Cada torneo terá dous días de xogo. Cada día realizarase unha proba de hora e media en modalidade arena no servidor gratuito de lichess.org. Ritmo 5 + 2.
Os cinco primeiros de cada día recibirán puntos inversos a súa clasificación (o primeiro cinco, o segundo catro, o terceiro tres, o curto dous e o quinto un) a suma dos puntos dos dous días determinará a clasificación xeral do torneo.

ENTREGA TROFEOS / FASE PRESENCIAL: 
De non haber confinamento en decembro, faremos unha actividade conxunta de entrega de trofeos. Se hai confinamento realizarase a entrega dos trofeos do xeito que se considere oportuno.

CLASIFICACION XERAL:
Ademais dos torneos, levarase unha clasificación xeral na que entrarán todos os xogadores que logren rematar entre os cinco primerios postos de cada día de xogo.
Os tres primeiros levarán un trofeo acreditativo.

TORNEOS:
23 e 30 de maio: Torneo XXXI ANIVERSARIO DE PALAESTRA. INCRICCIONS.













20 e 27 de xuño: Torneo organizado por FUTURIX
18 e 25 de xullo: Torneo organizado por AGAX
22 e 29 de agosto: Torneo organizado por FUTURIX
19 e 26 de setembro: Torneo organizado por AGAX
24 e 31 de outubro: Torneo organizado por FUTURIX
21 e 28 de novembro: Torneo organizado por AGAX
En decembro dependerá da situación coa COVID19